E MOIRO-ME D’AMOR
Cantigas de amigo dos séculos XIII e XIV
Paulina Ceremużyńska – canto
Fernando Reyes Ferrón – cítola
Carlos Castro – salterio e percusión

A cantiga de amigo é un xénero profano completamente orixinal dentro da lírica trobadoresca europea, onde a muller toma a palabra. O seu estilo é equivalente ao da miniatura, tanto no seu texto como na súa música.
Unha cantiga de amigo típica componse de estrofas de dous versos mailo refrán, que na música corresponden ás tres frases musicais sutilmente cambiantes, que repiten o mesmo material melódico. O texto poético xoga cos paralelismos e repeticións, coas preciosas imaxes simbólicas, centrándose na contemplación das emocións e sentimentos dunha moza namorada.
A pesar desta aparente sinxeleza da súa estrutura, as cantigas de amigo esconden aínda moitos tesouros por descubrir. Este xénero poético-musical parece tan simple e inxenuo que a súa profundidade pasa moitas veces desapercibida.
As cantigas de amigo non son un puro xogo de paralelismos e imaxes bucólicas. É unha voz firme e conmovedora que expresa as emocións máis profundas e importantes: o desexo, o amor, o pracer, a desesperación, o odio. E, o que é moi importante, esta voz foi sempre, e sempre ten que ser, cantada.
O estilo musical das cantigas de amigo é o propio da miniatura. É unha combinación de pequenos e moi contados elementos, pero, ao mesmo tempo, moi refinados e elaborados, definitivamente moi complexos na súa aparente sinxeleza e naturalidade.
Para un cantante ou instrumentista que quere interpretalas son un inmenso mundo por descubrir. Son un universo pechado nunha gota de auga.
PROGRAMA
- Vi eu, mha madr`, andar – cantiga de amigo de Nuno Fernandes Torneol. Melodía: contrafactum da CSM 230
- Tres moças cantavan d‘amor – cantiga de amigo de Lourenco xograr melodía: contrafactum da Cantiga de Santa María no. 171
- Vayamos, irmana, vayamos dormir – cantiga de amigo de Fernand Esquio. Melodía: contrafactum da CSM 80
- A do mui bon parecer – cantiga de amigo de Martin de Ginzo melodía: contrafactum da CSM 1
- Ondas do mar de Vigo – cantiga de amigo de Martin Codax
- Mandad’ ei comigo – cantiga de amigo de Martin Codax
- Mia yrmana fremosa – cantiga de amigo de Martin Codax
- Ay Deus, se sab’ ora meu amigo – cantiga de amigo de Martin Codax
- Quantas sabedes amar amigo – cantiga de amigo de Martin Codax
- Eno sagrado, en Vigo – cantiga de amigo de Martin Codax reconstrucción da melodía: Zofia Dowgiałło
- Ay, ondas que eu vin veer – cantiga de amigo de Martin Codax
- Enas verdes ervas – cantiga de amigo de Pero Meogo melodía: contrafactum da CSM 250
- Levous’ a loucana, levous’ a velida – cantiga de amigo de Pero Meogo melodía: contrafactum da CSM 276
- Fostes, filha, eno bailar – cantiga de amigo de Pero Meogo melodía: contrafactum da CSM 237
- Ai, cervas do monte, vinvos preguntar – cantiga de amigo de Pero Meogo melodía: contrafactum da CSM 69
- Sedia-m’ eu na ermida de San Simion – cantiga de amigo de Meendinho melodía: contrafactum do tractus De profundis clamavi
- As ffroles do meu amigo – cantiga de amigo de Pai Gomez Charinho melodía: contrafactum da CSM 189