DON TRISTÁN EN HISPANIA
Lais de Bretanha, lais do ms. Vienne 2542 (ca.1300) , cantigas profanas galego-portuguesas…
Paulina Ceremuzynska – canto e pandeiro cadrado
Manuel Vilas – arpa románica
A “materia de Bretaña”, da cal forma parte a famosa historia de Tristán e Isolda,
aparece moi cedo na lírica galego-portuguesa, dando testemuña da súa popularidade
dende polo menos, mediados do século XIII. Pero pode ser que se coñecera ainda
antes.
Na Porta Francigena da Catedral de Santiago atopamos un relieve que representa
probablemente a Tristán ferido de morte na súa viaxe polo mar a Irlanda – que é
unha viaxe a outro mundo, de onde volve grazas ás habilidades máxicas de Isolda.
A historia de Tristán e Isolda ao principio foi cantada. Cantábana os bardos bretóns,
nos que inspirouse María de Francia para adaptar na língua francesa os seus cantos,
chamados “lais”. María de Francia, poetisa na corte de Enrique II de Inglaterra e
Alienor de Aquitania, inspirou coas súas “traduccións” a todo o continente europeo.
Os “lais bretóns”, cantos narrativos sobre as antigas lendas celtas, historias que
xuntaban a épica cabaleiresca co tema de amor cortés, fixéronse famosísimos.
Os “lais bretóns” non só funcionaban como pezas narrativas separadas, tamén
engadíanse aos romances en prosa, para reflexir o estado de ánimo dos seus
protagonistas nos puntos clave do romance.
En língua francesa, a primeira que acolleu estes cantos, conservamos dous
manuscritos de Tristan en Prose (romance sobre Tristán e Isolda) nos que os lais
aparecen coas súas melodías. O máis importante deles é o ms. 2452 de Biblioteca de
Viena, con 17 lais conservados.
A adaptación ao galego-portugués de Tristan en Prose (Libro de Tristán) inspirou
tamén a adaptación dalguns dos “lais” á nosa língua. Falamos dos famosos Cinco Lais
de Bretanha, conservados no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa.
Neste programa tomei como obxectivo contar a historia de Tristán e Isolda, os seus
puntos máis importantes, a través destes Lais de Bretanha. Como consérvanse só
cinco deles (supoñemos que houbo moitos máis – como na versión francesa do
romance), incluín alguns lais en francés do manuscrito de Viena e varias cantigas
profanas galego-portuguesas que, pola súa temática, adáptanse perfectamente como
expresión dos puntos clave da historia dos infelices amantes.
A fonte das melodias que adaptei para estas cantigas son o ms. de Viena e as Cantigas
de Santa María.
Engadin ao programa tamén dúas pezas do Códice Calixtino – que poeticamente
interpretan o motivo tristaniano da Porta Francigena – o motivo da viaxe ao fin do
mundo. Todo isto para traducir á nosa língua e realidade a famosa historia dos
amantes e as súas emocións. Espero que a disfruten, damas e cabaleiros.